O sábado 26 de xaneiro, concerto de música clásica onde se interpretará unhas das obras máis famosas e recoñecidas da historia: o «Gloria» de Vivaldi e Il Grosso Mogul. Contará con Lina Tur Bonet , unha das mellores intérpretes de violín do mundo.
Unha oportunidade xenial para descubrir y vivir a música clásica nun escenario incríble: o Círculo das Artes.
Será a partir das 20:00 coa Orquestra Barroca Vigo 430, Coro Rías Baixas, Lina Tur Bonet, violín e dirección, Eugenia Boix (soprano), Gabriel Díaz (contratenor)
Ademáis, haberá unha charla previa sobre Vivaldi e a súa obra, didáctica, amena e gratuita para todo o mundo de tódalas edades no salón de columnas do Círculo.
Xaneiro 2019 A Sociedad Filarmónica de Lugo continúa coa programación de concertos da tempada 2018-2019 estreando este 2019 cunha delicatessen para tódolos públicos: o Gloria – RV 589 de Vivaldi. A obra máis coñecida e popular da música sacra de Vivaldi é un cántico a todo o que é celebrable na vida, un rebumbio de emocións maiúsculas digno de vivir unha vez na vida... a ocasión está á volta da esquina: este sábado 26/01 ás 20:00 no Salón Rexio do Círculo das Artes coa Orquestra Barroca Vigo 430, Coro Rías Baixas, Lina Tur Bonet, violín e dirección, Eugenia Boix (soprano) e Gabriel Díaz (contratenor)
Sinalar que Lina Tur Bonet é unha das mellores intérpretes de violín do mundo, con xiras por toda Europa, EE.UU. e Asia, actuando nos máis importantes escenarios: Lincoln Center New York, Berliner Philarmonie, Scala de Milan, Concertgebouw de Ámsterdam, Royal Albert Hall …) Á altura (ou mellor para algúns críticos) que Ara Malikian, unha artista que define o violín como «el instrumento del diablo» é para ir vela…sí ou sí.
De «Il Grosso Mogul» pouco podemos decir. Se non a coñeces dalle ao play. Disfruta do virtuosismo de Lina Tur Bonet tocando unha peza máxica. Da igual cal é o estilo musical que máis vai contigo… Il Grosso Mogul te encantará:
Programa completo: Vivaldi: Concerto para violín “Il Grosso Mogul” / Alessandro Stradella: Crocifissione e morte di Nostro Signore Gesú Christo / Leonardo Leo: Salve Regina / Vivaldi: Gloria
Entrada para no socios de la S. Filarmónica: 20€, estudiantes: 3€, estudiantes de conservatorio: gratis (con carné del centro). Lugar de venta: oficina del Círculo de las Artes.
PROGRAMA DE ANTEMANO
Da man da divulgadora musical Teresa Adrán, a Sociedad Filarmónica de Lugo, pon en marcha esta iniciativa para dar a coñecer o autor e as obras que se interpretarán o día do concerto. Unha oportunidade única para descubrir a música clásica, achegarse a ela dun xeito informal, ameno e didáctico para tódalas edades. Unha charla na que un pode tomarse algo mentres coñece, nesta ocasión, a Vivaldi e a «Gloria» 😉
PROGRAMA DE ANTEMANO: sábado 26/01 ás 17:30 no Salón de Columnas do Círculo das Artes. Entrada gratuita.
MIRA O VIDEO DE ADELANTO: