O Concello propón, coa segunda edición de Músicas Mesturadas, 10 citas singulares nun escenario único, o Vello Cárcere
O ciclo, que se desenvolverá de xaneiro a xuño, inclúe 6 actuacións máis que o pasado ano. A asistencia é de balde, ata completar cabida
Arranca este sábado, ás 20:30 horas, co concerto de Zmeitrei, o único do grupo programado en España neste 2019
Musicas Mesturadas Lugo

Xaneiro 2019 O ciclo Músicas Mesturadas trae ao Vello Cárcere de Lugo 10 actuacións de música de fusión singulares  dende xaneiro a xuño, cuxa asistencia é totalmente de balde, ata completar cabida.

Este ano, o ciclo contempla 6 citas máis que na pasada edición; e que, de novo, pretende que a veciñanza de Lugo coñeza música menos comercial nun escenario único como é o Vello Cárcere.

PROGAMACIÓN DO CICLO MÚSICAS MESTURADAS

XANEIRO

Sábado, 12 de xaneiro, ás 20:30 horas,  Zmeitrei

Esta agrupación formada por inmigrantes romaneses ofrecerá unha actuación de música fermosa e sinceira que surxe das duras realidades e loitas dun goberno poscomunista.

A voz do grupo, Paula Turcas é unha cantante de ópera soprano que renunciou á música clásica en busca dunha arte máis verdadeira basada nas loitas da vida cotiá. O líder da banda é o guitarrista Mihai Victor Iliescu, quen creou o concepto e estilo de Rough Romanian Soul. O seu son faise aínda máis único co virtuoso do vibráfono, Oli Bott.

Sábado día 26 de xaneiro, ás 20:30 horas- Talabarte

Trío que ofrece uns concertos de risco, improvisación e contundencia. Este grupo, composto por Quim Farinha ao violín, Kin García no contrabaixo e Pedro Pascual no acordeón diatónico, non deixará a ninguén indiferente coa súa concepción musical que funde concepcos diversos: acústico, de raíz, atemporal ou aventura.

NON TE PERDAS A PLAYLIST DOS CONCERTOS DE XANEIRO EN LUGO

PLAYLIST

 

¡Viva a música clásica! ¡Viva Vivaldi!

Concerto imperdible en Lugo

FEBREIRO

Venres 8 de febreiro, as 20:30 horas: MOZART HEROES

Deleitarán ao público cun chelo e dúas guitarras, ofrecendo música clásica, rock ou música de grandes películas nunha actuación con exceso de adrenalina.

Domingo 17 de febreiro ás 18:30:  Tango Maestro & Quinteto Nuestro Tiempo.

 Matías González no bandoneón, Vera Pavlova no piano, Marcelo González no violón, Guillermo Bazzola na guiatarra e o contrabaixista Romain Lecuyer ofrecerán o mellor do tango contemporáneo.

MARZO

Martes 10 de marzo, ás 18:00: EMILIO RÚA

O cantautor ourensán Emilio Rúa Estará acompañado por tres artistas de traxectoria recoñecida no panorama musical: Rosa CedrónLa Shica e Rebeca Jiménez.

Sábado 16 de marzo ás 21:00: Celina da Piedade

Acordeonista, cantora e compositora, con tres álbums en solitario

ABRIL

Sábado 13 abril, ás 21:30:ALBA MESSA

A luguesa Alba Messa, que se entregou en corpo e alma á arte dende os 6 anos, contando a día de hoxe cunha extensísima formación a nivel actoral, como na danza e musical achegará o seu primeiro disco, Valiente, aos seus veciños e veciñas.

Sábado 27 de abril, ás 20:30, o son da guitarra española clásica a mans de José Manuel Dapena e o das cordas do Cuarteto Alicerce formado por Jorge Montes, violin, Roberto Santamarina, violin, María José Pámpano, viola e Carlos García Amigo, cello vibrarán no Vello Cárcere  cos quintetos para guitarra de Haydn e Boccherini.

MAIO

Sábado 04 de maio ás 20:30:  Forró Mior & Jabú Morales

Música arraigada nos ritmos populares brasileiros.

XUÑO

Sábado 01/06 ás 20:30 Pecha o ciclo de Músicas Mesturadas, con 35 anos nos escenarios, Vanesa Muela, xunto ao Trío Zarabal.