Chega o Arde Lvcvs 2018, a mellor festa romana e castrexa do mundo

350 actividades, entre as organizadas polo Concello, asociacións luguesas de recreación histórica e grupos de teatro do Lugo.

Unha cita que coloca Lugo no mapa nacional e internacional da recreación histórica pola súa rigurosidade, fidelidade ao pasado.

15,16 e 17 de xuño en Lugo. Web oficial: http://www.ardelucus.com/

Xuño 2018 Os días 15, 16 e 17 de xuño, un fenómeno máxico apoderarse de novo de cada recuncho de Lugo, transformando a cidade por completo. Será co Arde Lvcvs, cuxa verdadeira maxia é retroceder no tempo para gozar do legado cultural e histórico de Lugo en primeira persoa.  A programación inclúe unhas 350 actividades para todos os públicos, e en distintos espazos destacados da cidade, o 90% novidades promovidas polo Concello, asociacións luguesas de recreación histórica e grupos de teatro.

Se o Arde Lvcvs se fixo grande estes 17 anos foi grazas á participación, ben do o conxunto da cidadanía luguesa, de axentes sociais, de colexios, de clubs deportivos, organismo privados a través do patrocinio, Deputación de Lugo, e por suposto, das 17 asociacións de Lugo, que levan a cabo unha recreación histórica fidedigna en torno aos seus campamentos, que sosteñen un gran número de actividades da programación das festas

Algunhas das novidades deste ano son:  unificaranse os tres restaurantes na Praza de Bretaña, crearase un espazo de teatro fixo no patio exterior do Vello Cárcere, haberá novas actuacións de todas as compañías de teatro da cidade, e elaborarase un miliario de todas as asociacións. Ilustradores de banda deseñada de Galicia, debuxarán en directo o Arde Lvdvs, e tamén se ofrecerá, por primeira vez un menú oficial, que se renovará cada ano, que darán 12 locais. Tamén é a primeira vez que hai xogos galaicos para os máis pequenos e pequenas da casa.

Non faltará nesta edición o circo romano, o asalto ao Medulio, animación de rúa, con música, teatro, bautizos e vodas romanas e castrexas ou obradoiros. Tamén se realizará o nomeamento de Civitas Honoris e a recepción das distintas lexións e tropas. Como nos últimos anos, haberá un intérprete de signos para moitas das actividades.

Tamén, dentro dun municipio e dunhas festas libre de agresións, haberá espazos de información segura: no Concello, no centro de convivencia Uxío Novoneyra, na Oficina Municipal de Turismo e museo municipais ademáis de establecemntos que se sumen …para así tecer unha rede de espazos seguros onde a persoa agredida encontre acougo e información do que facer en caso de necesitalo. Os espazos seguros estarán identificados coa imaxe dunha man violeta e o lema Non é Non, que se deberá colocar nun lugar visible ao exterior. Para formar parte da campaña só é necesario contactar coa Casa da Muller a través do enderezo cmuller@concellodelugo.org. A colaboración consistirá na acollida das persoas que o demanden por sentirse vítimas dalgunha agresión e, se fose necesario, permitir facer as chamadas telefónicas a Emerxencias, Policía Local, Corpo Nacional de Policía ou 016.

PROGRAMA DO ARDE LUCUS 2018

A través de cada botón accedes a axenda do día que podes gardar facendo clic en cada imaxe e “gardar como” co botón derito para levala contigo no móvil.

Á venda as entradas para os espectáculos do Arde Lvcvs de Harpastvm (o venres, ás 23:30 horas, a cargo das asociacións de recreación histórica Caetra Lucensium, Mercenarios Galaicos e Guardia Pretoriana;), o Circvs (o sábado, a partir das 18:00 horas) e Divinivm (o sábado, dende as 23:55 horas) poden adquirise en www.entradaslugo.es ou na Oficina Municipal de Turismo, todas elas cun prezo de 3 euros e ata un máximo de 10 por persoa. Todos os eventos serán na explanada do Pavillón Municipal

Está aberto o prazo inscrición para a carreira II Mvrvs Lvcis, Romanos contra Castrexos, que se celebrará na primeira xornada do Arde Lvcvs MMXVIII, o 15 de xuño, a partir das doce da noite. Constará dunha volta polo adarve da Muralla, correndo o grupo dos romanos e o dos castrexos en sentido contrario, é dicir, un grupo sairá cara a dereita e outro cara a esquedra, sentido que escollerá un representante do grupo romano e do grupo castrexo co xogo da moeda ao aire. Todas as persoas que desexen participar deben inscribirse, ata o 11 de xuño, a través da páxina web www.championchipnorte.com. O custo da inscrición é de 3 euros e inclúe vestimenta de caracterización, a elixir á hora da inscrición entre romano ou castrexo. A recollida de dorsais e vestimenta realizarase no centro colaborador do evento Forus Lugo, na rúa Iglesias Otero, entre o 13 e o 15 de xuño. Haberá un gañador e unha gañadora absolutas en cada categoría (romana ou castrexa) e un equipo gañador, que resultará da suma dos 15 mellores tempos masculinos e 10 femininos de cada categoría. 

Máis info de interés: o Concello de Lugo amplía o horario dos seus museos durante o Arde Lvcvs, do seguinte xeito:

Centro de Interpretación da Muralla
– Venres, de 11:00 a 22:00 horas
– Sábado, de 11:00 a 22:00 horas
– Domingo, de 11:00 a 20:00 horas

Casa dos Mosaicos / Porta Miñá
– Venres, de 11:00 a 22:00 horas
– Sábado, de 11:00 a 22:00 horas
– Domingo, de 11:00 a 20:00 horas

Centro de Interpretación Arqueolóxica San Roque
– Venres, de 11:00 a 20:00 horas
– Sábado, de 11:00 a 20:00 horas
– Domingo, de 11:00 a 20:00 horas

Punto de Información do Arde Lucus, que se colocará nos soportais da Casa Consistorial
– Venres, de 11:00 a 22:00
– Sábado, de 11:00 a 22:00
– Domingo, de 11:00 a 18:00

MIHL
– Venres e sábado: de 11:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas
– Domingo, de 17:00 a 20:00 horas

Un ano máis ofrceranse descontos para os que se acheguen os días previos do Arde Lvcvs e durantes os festexos a Lugo nos autobuses Alsa, dende o 12 ao 19 de xuño, un 25% de desconto, e Arriva, os días 15, 16 e 17 de xuño, un 10%. Esta festa tamén estará presente nos distintos trens polo territorio nacional. 

O Concello destina máis de 260.000 euros ao Arde Lvcs, que constitúe un escaparate de Lugo. Ademais, a entidade local repartirá máis de 15.000 carteis e 45.000 programas, 25.000 en galego, 19.000 en castelán, e, por primeira vez tamén en inglés, unha tirada de 3.000.
O programa xa se pode consultar na web oficial dos festexos, www.ardelucus.com.