Fotografías panorámicas do lucense Álvaro Barreiro para visitar virtualmente o Cemiterio San Froilán

O Cemiterio Municipal de San Froilán ofrece un tour virtual polas súas instalacións con fotografías do lucense Álvaro Barreiro

O tour consta de: 79 fotografías panorámicas 360º, con 291 marcadores puntuais, 47 imaxes que son puntos de interese, 11 documentos explicativos e 2 galerías de fotos 

Xuño 2019 O Cemiterio Municipal de San Froilán ofrece  un tour virtual polas súas instalacións. Trátase dunha forma novidosa de coñecer o Cemiterio Municipal, de xeito cómodo, sólo a un click, onde se poderán atopar, cunha mimada e coidade imaxe, a través dos ollos de Álvaro Barreiro, os distintos monumentos do camposanto, persoeiros destacados, ou incluso a propia capela, entre outros.

Concretamente, o tour virtual conta con 79 fotografías panorámicas 360º, con 291 marcadores puntuais, 47 imaxes que son puntos de interese, 11 documentos explicativos e 2 galerías de fotos do Mauselo da familia Ventosinos e do Panteón de García Abad.

As persoas interesadas en realizar este tour polo cemiterio, que atesoura os premios de Mellor Monumento Arquitectónico de Cemiterios de España e o de Mellor Actividade de Portas Abertas de Cemiterios de España, poden acceder a través da web http://cemiterio.lugo.gal/tourvirtual/

cemiteriosanfroilan
A Concelleira de Concello e Cidadanía en funcións, Rosana Rielo enmarcou esta nova acción de difusión do camposanto na estratexia do Concello de potencialo como recurso patrimonial, histórico e turístico.