European Wildlife Photographer of the Year Dúas lebres das montañas, Erlend Haarberg de Noruega. Fotografía de Natureza
Descubre do 14 de xaneiro ao 27 de abril de 2019 na Sede Afundación de Lugo as fotografías galardoadas no concurso «European Wildlife Photographer of the Year», unha escolma excepcional de imaxes emocionantes, divertidas, poéticas e inspiradoras
O mellor da arte da fotografía da natureza en Lugo.
Fotografía de Natureza

ONDE:
Sede Afundación Lugo
Praza Maior, 16 / Praza Santa María, s/n. Lugo (Lugo)

DATAS:
14 de xaneiro a 27 de abril de 2019

HORARIO:
Luns a sábados, 18.00 a 21.00 h

Domingos e festivos, pechado

ENTRADA:
Gratuíta

Xaneiro 2019  A exposición recolle a totalidade das fotografías premiadas no concurso GDT europeo Wildlife Photographer of the Year do ano 2017 ao que concorrero 18.126 imaxes e 1.381 fotógrafos de 39 países europeos.  Os gañadores foron: coas dúas lebres das montañas, Erlend Haarberg de Noruega capturou con éxito un tema raro. Raras, porque as lebres das montañas en Noruega están catalogadas como especies vulnerables en extinción. Na segunda imaxe gañadora, a fotógrafa alemá Britta Jaschinski, documenta unha acción brutal contra a Natureza. O efecto de dous tallos confiscados, e que están realizados con patas de elefante e pel de cebra, é cativador e deprimente ao mesmo tempo.

Poderás ver estas fotos premiadas, as finalistas e mencións especiais das 9 seccións temáticas en que se agrupan as imaxes: Aves, Mamíferos, Outros animais, O mundo submarino, Eloxio das plantas, Paisaxes, O home e a natureza, Forma e composición e Novos fotógrafos. En total, 84 imaxes.

Grazas á pericia técnica e artística e, en moitas ocasións, á sorte, podemos contemplar aspectos sorprendentes, puntos de vista insólitos ou perspectivas marabillosas. Unha visión diferente dos animais, plantas ou paisaxes que percibimos camiñantes, sendeiristas, viaxeiras e viaxeiros ou submarinistas. E esta sorprendente perspectiva, ou o tema elixido, ou quizais o momento da captura, logran emocionarnos e inspirar unha nova conciencia a favor da defensa da biodiversidade do planeta.

ACTIVIDADES ESCOLARES

Nun mundo onde cada vez hai menos espazo para os ecosistemas terrestres e mariños, o Museo de Historia Natural de Londres tráenos cada ano, a través do concurso fotográfico Wildlife, algúns dos mellores momentos da vida salvaxe.

• Correr, saltar e chapuzar. Animais salvaxes e un pouquiño máis… Infantil a 3º de primaria

• Baixo un manto de estrelas eles dormen mellor. 4º de primaria a 1º de ESO

• WILDLIFE 2018. 2º de ESO, bacharelato e C.F.

Prezo: 1 € / participante

Previa reserva

Sede Afundación Lugo | Praza Maior, 16

areaeducativalugo@afundacion.org |

982 289 096