Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

III Xornada ‘Contar a ciencia desde nós’

20 de febrero - 12:00
III Xornada ‘Contar a ciencia desde nós’
20.02.2026 | 12.00h
Salón de actos da Facultade de Ciencias de Lugo (Avda. Alfonso X O Sabio, s/n 27002 Lugo)

De balde.
«A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias organiza o acto Contar a ciencia desde nós polo Día Internacional da Lingua Materna.
Con el quérese destacar o valor de contar con sistemas educativos que formen en ciencia nas linguas maternas (no noso caso, en galego), tanto no ensino formal como en contextos de divulgación. E á vez recoñecer o talento divulgador da mocidade que nun futuro vai ser universitaria. 

No acto participará Patricia González Cabaleiro, do grupo GeoTech (Universidade de Vigo). Esta investigadora predoutoral vainos traer o monólogo Podería dicir que son, co que acaba de gañar a primeira edición do concurso Gargallada científica, desa universidade. 

E tamén nos acompañará Carlos Rebolo, contador de historias e membro do colectivo NOGA, que presentará a intervención narrativa As cousas non sempre son o que parecen.

E por último entregarémoslles os premios ás gañadoras e gañadores da edición 2025 do concurso Petiscos de ciencia, que premia os mellores vídeos de divulgación científica elaborados por alumnado de ensino secundario.

A asistencia é libre e de balde, ata completar a capacidade do espazo, así que a Facultade de Ciencias anima a toda a comunidade do campus de Lugo a acompañalos nesta conmemoración do Día Internacional da Lingua Materna, no marco dunha sesión que se desenvolverá o venres 20 de febreiro, a partir das 12.00 horas, no salón de actos José Rodríguez Mourelo deste centro universitario.»

Detalles

  • Fecha: 20 de febrero
  • Hora:
    12:00
  • Categoría del Evento: