Teatro «La Desconquista»

Teatro «La Desconquista»
Ron Lalá
- xoves, 12 de marzo de 2026 20:30 hs.
Idade recomendada: A partir dos 14 anos
Sinopse:
Finais do século XVI.
A bordo dunha barca á deriva, tres náufragos reman para alcanzar as costas do Novo Mundo.
O capitán Hernán Galán busca a gloria, o mariño Fulano busca o ouro, o misioneiro frei Pío busca almas para a fe.
Os tres vivirán mil peripecias e desventuras en alta mar e en costas descoñecidas para descubrir que ninguén é quen di ser e nada é como parece. E descubrindo o Novo Mundo quizais se descubran a si mesmos…
La Desconquista é unha comedia burlesca, cómica e musical, baseada nas crónicas do Descubrimento.
Unha viaxe disparatada aos soños e ambicións imperiais ao máis puro estilo de Ron Lalá: cinco actores-músicos, teatro en verso clásico á maneira do Século de Ouro, música en directo, ritmo desenfreado e, sobre todo, moitas gargalladas.
Unha festa escénica e musical que xira ao redor das ambicións, obsesións, medos e angustias do Imperio onde non se puña o sol, no seu afán de conquista e no seu pasmo ante a nova realidade dun continente aínda descoñecido.
Unha visión mordaz e delirante con textos e música orixinais, humor vertixinoso, poesía escénica e un quinteto de comediantes inimitables.
Ron Lalá lánzase á Desconquista!
ENTRADAS: 8€
Adquisición de entradas a través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.
























