Teatro «La Loca Historia del Siglo de Oro»

Teatro «La Loca Historia del Siglo de Oro»
La Escalera de Tijera e Z Teatro
- xoves, 19 de marzo de 2026 20:30 hs.
Lugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire
Idade recomendada: A partir dos 12 anos
Sinopse:
O retrato dunha España chea de luces e sombras, reis, pintores, dramaturgos, clero, pícaros e cómicos envolven A TOLA HISTORIA DO SÉCULO DE OURO e retratan os acontecementos sucedidos durante este século, narrando as andanzas, aventuras e desventuras dunha sociedade guiada polos designios de Deus e dos Reis.
Un percorrido disparatado polos momentos máis brillantes —e tamén máis ridículos— do teatro clásico. Entre Lope, Calderón, Cervantes e compañía… nada será como o recordabas.
Con humor, música en directo, xiros inesperados e a frescura de dúas compañías que saben mesturar o clásico co contemporáneo, esta obra transforma o Século de Ouro nun espectáculo delirante para todos os públicos.
Premio mellor dirección no Festival Nacional de Teatro Vegas Bajas
ENTRADAS: 8€
Adquisición de entradas a través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.
























