Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Obradoiro de Banda deseñada a cargo de Iván Mouronte

14 de marzo - 12:00
14 de Marzo 2026, 12:00
Biblioteca Pública de Lugo – Ludoteca – Para nenos/as de 6 a 12 anos (15 prazas) – De balde.
Inscrición previa desde o luns anterior na sala infantil ou no teléfono 982828329 – Imprescíndibel que a nena ou neno teña carné de socio da biblioteca.

En que consiste e que o diferencia duns cantos debuxos soltos? Durante a hora e media que dura o obradoiro veremos algúns dos elementos e recursos máis característicos da banda deseñada. Viñetas, globos, liñas cinéticas, personaxes e BOOOOOM!, onomatopeias. Pero sobre todo poñeranse en práctica creando unha pequena banda deseñada.

CONMEMORAMOS O DÍA DA BANDA DESEÑADA QUE É O 17 DE MARZO

Duración: 90 minutos

Detalles

  • Fecha: 14 de marzo
  • Hora:
    12:00
  • Categoría del Evento:

Local

  • Biblioteca Provincial de Lugo
  • Avda Ramón Ferreiro
    Lugo,
    + Google Map