Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Inauguración da exposición sobre o 25 aniversario da declaración da muralla de Lugo como Patrimonio da Humanidade

5 de marzo - 12:00

O Museo Universitario A Domus do Mitreo e o Museo do Castro de Viladonga organizan unha mostra con motivo dos 25 anos da declaración da Muralla de Lugo como Patrimonio da Humanidade.

A Muralla, tal e como destaca a profesora da USC e directora do Museo Universitario A Domus do Mitreo, Dolores Dopico, “tivo unha especial relación coa Domus, xa que a súa construción supuxo destruír a casa, da que só quedou en pé o seu Mitreo”.

A mostra inaugúrase o 5 de marzo, ás 12.00 horas, na propia Domus do Mitreo, nun acto presidido polo reitor Antonio López Díaz.

A exposición consta de doce paneis conformados por textos e imaxes nos que se ofrece unha visión ampla da Muralla. O contido abarca o seu contexto histórico, a súa construción, as súas funcións, a súa evolución, o seu impacto urbano e as restauracións recentes.

Achado

No ano 1998, a Universidade de Santiago de Compostela decidiu situar a sede da Vicerreitoría do Campus de Lugo no antigo Pazo de Montenegro. O control arqueolóxico previo á construción da Vicerreitoría documentou a existencia de restos romanos que obrigaron a reformular as obras previstas e a realizar varias campañas arqueolóxicas entre os anos 2000 e 2007. A escavación, que se cinguiu a unha área duns 600 m², permitiu descubrir unha parte significativa dunha antiga domus romana e un espazo de culto relixioso, un Mitreo privado.

O Museo da Domus é un lugar privilexiado para contemplar a muralla romana, pois é o único punto en toda a cidade que permite observala ata os seus cimentos, xa que a escavación afondou sete metros por baixo do nivel do Lugo actual. Isto permitiu estudar a súa estrutura e métodos construtivos. Neste escenario é posible ver o zócolo de cimentación, os restos dos materiais empregados na súa construción (lousa, granito ou cuarcitas), o encalado exterior, as xuntas estruturais, as escaleiras de acceso interno ás torres ou as marcas deixadas polas diferentes collas que traballaron nela

Detalles

  • Fecha: 5 de marzo
  • Hora:
    12:00
  • Categoría del Evento:

Local