Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Palestra con con Jaldía Abubakra «Palestina hoxe e mañá»

14 de marzo - 19:00

Palestra con con Jaldía Abubakra «Palestina hoxe e mañá»

Sábado 14 de marzo ás 19:00 no Vello Cárcere

Entrada de balde

«…teremos a honra de contar con Jaldía Abubakra @jaldiaabubakra nunha palestra que tratará cuestións como a situación actual do x3n0c1d10, o «plan de paz» de Trump, a importancia da resistencia, a represión, impunidade e solidariedade internacional, entre outras cousas.

Jaldía Abubakra é unha activista palestina nada en Gaza e filla de refuxiados de Bir al-Saba (Palestina ocupada en 1948). Defensora dos dereitos humanos, é fundadora do movemento de mulleres palestinas Alkarama e coordinadora no Estado español de Samidoun, a rede internacional de solidariedade cas presas e presos palestinos. Ademais, forma parte do Comité Executivo de Masar Badil (Ruta Revolucionaria Alternativa Palestina).

Participou en iniciativas para romper o bloqueo a Gaza, entre elas a Flotilla de Mulleres rumbo a Gaza (2016) e, máis recentemente, a Global Sumud Flotilla. Colabora activamente en campañas de boicote a Israel e en diversos colectivos feministas e de loita social en Madrid.

Non vos perdades esta oportunidade única de aprender e implicarse coa causa palestina. Vémonos alí!» LugoxPalestina

Detalles

  • Fecha: 14 de marzo
  • Hora:
    19:00
  • Categoría del Evento:

Local

  • O Vello Cárcere
  • Av. Alcalde Anxo López Pérez, 10
    Lugo, Lugo 27002 Spain
    + Google Map
  • Teléfono 982 29 71 95