Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Mesa redonda con políticos de Lugo en activo nos anos 1960/70

23 de abril - 19:30
Mesa redonda con políticos de Lugo en activo nos anos 1960/70

23 de abril de 2026

Hora: 19:30

Salón de Actos da Deputación de Lugo

Entrada de balde

Con:

Carlos Dafonte Díaz
Lois Diéguez Vázquez
Antonio Gato Soengas
Alfredo Sánchez Carro
Cándido Sánchez Castiñeira

Presentador- Moderador/a: Santiago Fernández Rocha

Como era a vida e a actividade política nos anos 60/70 do século pasado, cando se funda o Club Cultural Valle – Inclán?

Contaránolo cinco oradores/as, de diversas ideoloxías e militancia, que viviron moi activamente os anos 60 e 70 cando se fraguou a gran transformación política na que eles foron parte activa. Presentaraos e coordinará o acto unha cualificada testemuña da época: Santiago Fernández Rocha, político e articulista hoxe en diversos medios.

Como era e como viviron aquel momento? A que aspiraban e que fixeron para conseguilo? Foi a democracia unha concesión das elites ou unha conquista lograda pola cidadanía con sacrificio, esforzo e risco? Que balance farían hoxe, medio século despois? A estas e outras preguntas, esperamos que dean resposta os convidados a esta mesa redonda que formará
o cartel deste acto.

Dentro do ciclo «Agora non é antes» organizado polo Club Cultural Valle Inclán polo seu 60 aniversario. Vindeiras citas do ciclo:

07/05 O AGORA. MESA REDONDA CON PERSOAS DAS XERACIÓNS POSTERIORES A
TRANSICIÓN: Alicia Carballedo Portela, Olga Louzao Aldariz, Serxio María Rodríguez Álvarez, Fernando Suárez Barcia. Presentador/moderador: Xosé Ramón Cando Vázquez

28/05 CONFERENCIA de Antón Losada: O ESTADO DO MUNDO HOXE E NÓS . ESTÁ EN PERIGRO A DEMOCRACIA?

Toda a información en: Programación de actividades polos 60 anos do Club Cultural Valle-Inclán

Detalles

  • Fecha: 23 de abril
  • Hora:
    19:30
  • Categoría del Evento:

Local