Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Conferencia «O estado do mundo hoxe e nós. Está en perigo a democracia?»

28 de mayo
Conferencia «O estado do mundo hoxe e nós. Está en perigo a democracia?»

28 de maio de 2026

Hora: pendente

Salón de Actos da Deputación de Lugo

Entrada de balde

Con: Antón Losada

Dentro do ciclo «Agora non é antes» organizado por lo Club Cultural Valle Inclán polo seu 60 aniversario. 

Hai quen pensa que a democracia é o estado normal das sociedades, algo natural e consubstancial as sociedades europea e de EE.UU.principalmente. En consecuencia, a hipotética desaparición de dereitos e liberdades consubstanciais á democracia van ligados principalmente a golpes de estado militares,considerados altamente improbables neste contexto. A vista do que ocorre no mundo a día de hoxe, podemos pensar así, pode alguén seguir pensando así?

Tamén hai quen pensa que a eficiencia debe estar por enriba da democracia e que un goberno dirixido por un CEO ( como si o estado fora unha empresa) xestionaría mellor, con mais eficacia os asuntos públicos que un Presidente electo democraticamente.

Mentres tanto, moitos cidadáns séntense confundidos, desatendidos e desesperanzados. Cansos de agardar, orfos de expectativas, desconfían das institucións democráticas.

Iso está pasando a ollos vista e non sabemos moi ben qué facer.

Antón Losada ( Xove, 1.966) profesor na USC, periodista, escritor e político, acredita
coñecemento, experiencia e un brillante currículo para afrontar este tema, coa agudeza
e a intelixencia que o caracterizan. É, ademais, coetáneo do Club Cultural Valle Inclán, xa que ambos naceron nos primeiros meses de 1.966.

Detalles

Local