(Tamén ás 12:30) Contacontos “O gran circo das Palabras”
21/03/2026 – e
O Vello Cárcere de Lugo
«Debido ao Día Mundial da Poesía, contaremos o libro “O gran circo das Palabras” de Eva Mejuto e Fernando Martín. Leo non encaixaba, non quería asustar nin cazar, só cantar. Un día chegou unha mensaxe clara: no circo non había sitio para el…nin para os seus amigos. Así comezan unha aventura chea de imaxinación, soños e palabras, onde cada día pode ser máxico.
O tempo restante, os participantes poderán ler, debuxar ou xogar no Espazo de Lecer.
Público: nados entre 2017 e 2022 inclusive.
Aforo: 15 persoas.
*Recoméndase inscrición previa a partir do luns 16 de marzo (inclusive)»


























