(Ás 20:15) Concertos de Kid Mount + ünder & Diego Flâneur

Previamente, ás 12.30 horas, haberá un encontro con Kid Mount na Facultade de Humanidades, tamén de balde, que require inscrición en cultura.lugo@usc.gal
Kid Mount é un artista galego que vén revolucionando a escena urbana dende 2021.
Cun estilo propio, sen filtros e cheo de emoción, combina son, estética e mensaxe para crear algo novo dentro da música galega.
Tras éxitos como Ben Mal, NeoAmor e Amor e Outras Drogas xunto a 9Louro, Kid Mount prepárase para o seu novo capítulo: Perreo Paradiso, un proxecto compacto e maduro que mestura a enerxía do reggaetón dos 2000’s co seu imaxinario máis único e disfrutable.
O directo promete ser algo único: unha experiencia inmersiva, intensa e liberadora.
ünder & Diego Flâneur (Lugo, 2001) son dous artistas lucenses cunha proposta que camiña por diversos xéneros, vertentes e ritmos, sen deterse e sempre coa influencia do hip-hop.
Por medio de referencias culturais heteroxéneas, extraídas do cine, do mundo da arte ou da propia música, estes dous artistas crean un imaxinario amplo; dende a nostalxia ou o costumismo ata ambientes máis alegres e festivos, relacionados co amor, a tradición e a cotiandade, así como feitos concretos da súa cidade e da súa vida.
Ambos pertencen ao selo lucense FAT Music
https://www.instagram.com/under.ander_/
https://www.instagram.com/diego.flaneur/
Dentro do Lugo Cultural – Primavera Cultural
























