Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Desfile de colectivos que representan distintas épocas e acontecementos históricos

18 de abril

Desfile de colectivos que representan distintas épocas e acontecementos históricos na tarde do sábado 18 de abril de 2026

Desfile multitudinario polas rúas da cidade e con final na mosqueira, que contará coa participación de decenas de grupos en representación de máis de 40 festas de recreación de toda España, das 61 que figuran como socias da AEFRH.

Irán colocados seguindo unha cronoloxía ascendente, cos colectivos máis antigos primeiro, como os das festas iberas, que recrean a historia desde o século VI a.c. ao século I d.c ata as festas contemporáneas, como a da Reconquista da Vila de Vigo, que recrea o alzamento popular en 1809 que logrou a expulsión do exército de Napoléon, ou a que se celebra en Jaén, e que lembra o apresamento do xeneral Riego en Arquiles, en 1823.

En definitiva, entre estas épocas estarán representadas festas que recrean distintos acontecementos do Medievo, do Renacemento e tamén do Barroco. Ás máis de 40 festas que se prevé que participen neste desfile, sumaranse as e os integrantes dos distintos colectivos de recreación histórica de Lugo. Ademais deste desfile polo centro da cidade, a xornada contará con diferentes espectáculos de animación da rúa.

PENDENTES DE + INFO

Detalles