Cargando Eventos

« Todos los Eventos

(Ás 13:45) Canto popular de «Grândola, Vila Morena»

25 de abril - 13:30

Por segundo ano, volverá o canto popular aberto que terá lugar o sábado 25 de abril ás 13:45 horas na praza de A Mosqueira e no que participarán corais locais e contará cun reparto público de craveis.

Maite Ferreiroindicou que a celebración «incluirá o reparto de caraveis vermellos, símbolo da revolución portuguesa, así como copias da letra da canción, co obxectivo de favorecer a participación activa de todas as persoas asistentes».

«Queremos que Lugo celebre o 25 de abril como se fixo tradicionalmente: na rúa, cantando e reivindicando a liberdade. Grândola, Vila Morena representa o espírito da revolución pacífica e, ao mesmo tempo, é unha chamada á unidade e á esperanza», dixo Ferreiro, quen engadiu «estes actos permiten reforzar o compromiso do Concello de Lugo cos valores democráticos, coa memoria histórica e coa cultura popular, nun momento de unión e participación cidadá que queremos compartir con toda a veciñanza».

Con este acto, a Tenencia de Alcaldía lembra o 25 de abril como unha data simbólica na loita pola liberdade e os dereitos fundamentais, promovendo a memoria histórica mediante a acción cultural colectiva.

Detalles

  • Fecha: 25 de abril
  • Hora:
    13:30
  • Categoría del Evento: