Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Cine – «Casablanca»

6 de mayo - 19:30
Cine – «Casablanca»
Mér, 06/05/2026 – 19:30 – VOSE
Salón de Actos da Casa do Saber. Entrada de balde para socios
e comunidade universitaria; resto do público, cota proporcional de socio. Iniciada a proxección, non se permitirá o ácceso á sala.
Director: Michael Curtiz
EEUU
1942
Drama. Romance | Drama romántico. II Guerra Mundial. África. Nazismo. Película de culto
103 min
Produción: Warner Bros
Director de Fotografía: Arthur Edeson (B&W)
Montaxe: Owen Marks
Guión: Julius J. Epstein, Philip G. Epstein, Howard Koch
Música: Max Steiner
Intérpretes: Humphrey Bogart, Ingrid Bergman, Paul Henreid, Claude Rains, Conrad Veidt, Sydney Greenstreet, Peter Lorre, S. K. Sakall, Madeleine LeBeau, Dooley Wilson, Joy Page, John Qualen, Leonid Kinskey, Curt Bois
Sinopse:
Anos 40. Como consecuencia da Segunda Guerra Mundial, Casabranca era unha cidade á que chegaban fuxindo do nazismo xente de todas partes: chegar era doado, pero saír era case imposible, especialmente se o nome do fuxitivo figuraba nas listas da Gestapo, que presionaba á autoridades francesas ao mando do corrupto inspector Renault. Neste caso, o obxectivo da policía secreta alemá é o líder checo e heroe da resistencia Victor Laszlo, cuxa única esperanza é Rick Blaine, propietario do ‘Rick’s Café’ e antigo amante da súa muller, Ilsa Lund. Rick e Ilsa coñecéranse en París, pero a entrada das tropas alemás na capital francesa separoulles.

 

Premios

16 Edición dos Oscar (1944) – Películas de 1943. Mellor película. Mellor dirección. Mellor guión.

Detalles

  • Fecha: 6 de mayo
  • Hora:
    19:30

Local

  • Casa do Saber
  • Praza Pío XII, 3
    Lugo, Lugo 27001
    + Google Map