Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Lugopoética 2026 con Ana Mar Fraga Rábade e Mari Luz Balsa Rábade

25 de junio - 18:30

Lugopoética 2026 con Ana Mar Fraga Rábade e Mari Luz Balsa Rábade

Xoves 25 de xuño de 2026

18:30 horas

Sede da Uned ou online: https://extension.uned.es/actividad/idactividad/50637

Entrada de balde

Ana Mar Fraga Rábade Cospeito

Nada na Terra Chá, na actualidade vive en Lugo. É licenciada en Filosofía e Historia, escritora, historiadora e investigadora da cultura celta, entre outras. Traballa para Fundación Ángel Argivot en Barcelona, como Investigadora das culturas antigas. Impartiu conferencias en Barcelona como parte do seu traballo. Colabora con Xistral, revista de creación poética de Lugo, fundada polo escritor Chairego Manuel María. Defínese como “Unha muller sinxela e con un amor profundo a terra e aos seus. No traballo entregada a súa investigación das culturas antigas”.

Mari Luz Balsa Rábade Seixas (Cospeito), 1982

Licenciada en Filoloxía galego-portuguesa pola USC, traballa como normalizadora lingüística no Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo. Defínese a si mesma do seguinte xeito: «Son unha militante soñadora de mundos fantásticos onde conflúen personaxes da realidade máis próxima e do universo onírico. Desfruto das conversacións sabias, tolerantes e profundas por enriquecer o meu minifundio interno de ideas. O sosego procúroo na calidez do fogar construído de recordos e vivencias do día a día, onde o arrecendo a café e a brisa mariñá me envolven e inspiran para crear, vivir, ser e estar neste lugar chamado Mundo».

Detalles

Recinto