Familiar «Sinfonía de contos»

Sinfonía de contos
De Inma Soto
Xoves, 11 de xuño de 2026 18:00 hs.
Idade recomendada: A partir dos 3 anos
Sinopse:
Espectáculo de narración oral no que palabra e música dialogan en directo. A través dunha escolma de contos, apélase á sensibilidade, á tradición e ás relacións humanas, coa compañía musical da clarinetista Tamara Soto. Inclúe xogos rítmicos co corpo e cantigas participativas, nunha sesión para aloumiñar a infancia.
ENTRADAS
Adquisición de entradas a través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e na Biblioteca Municipal – Mihl, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.





























