Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Presentación do libro ASPNAIS: 60 ANOS, 100 OLLADAS

8 de junio - 19:00

Presentación do libro ASPNAIS: 60 ANOS, 100 OLLADAS

Luns día 8 de xuño, ás 19:00 horas, no Salón de plenos do Concello de Lugo

recolle os traballos -narrativa, prosa e imaxe- achegadas polos visitantes lucenses no ciclo de visitas organizado con motivo do Cincuentenario da entidade.

Edítase este libro cando a entidade cumpre 60 anos, para dar a coñecer estes traballos, e para comprobar a súa vixencia na longa e intensa actividade de apoio e promoción das persoas con discapacidade intelectual.

Seis dos autores incluídos nesta obra faleceron neste período de tempo, polo que veñen ser os traballos póstumos dos seus autores: Isidro Novo, Pepe Seijo, Fernando Pardo Gómez, Xenaro Pérez, Xoán Xosé Fernández Abella e Xosé Manuel Carballo Ferreiro.

Complétase o libro cun limiar do profesor Ángel Carracedo, recentemente elixido membro da Real Academia de Medicina de España, e un colofón do cineasta lucense Pepe Coira.

Se ben para este acto se teñen remitido as correspondentes invitacións, a entrada será libre ata completar o aforo, e cada asistente recibirá un exemplar da publicación.

Detalles