Cine «Offside»

Cine «Offside» – VOSE –
Festival de Berlín 2006: Oso de Prata – Gran premio do Xurado
2006 Festival de Gijón: Mellor actriz (a todo o reparto feminino)
Unha moza vestida de home é detida antes de entrar nun estadio de fútbol. Encerrada con outras mulleres que intentaron coarse no campo, deberán seguir o partido a través dos comentarios dun soldado que non ten nin idea de fútbol. Despois son entregadas á brigada «antivicio». En Irán, son moitas as mulleres apaixonadas polo fútbol, pero estalles prohibido ir aos partidos. Comedia que, tomando como pretexto a paixón polo fútbol, reivindica os dereitos das mulleres iranianas.




























