Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Conferencia sobre o impacto dos videoxogos na saúde mental

11 de junio - 18:00

Conferencia sobre o impacto dos videoxogos na saúde mental

Xoves, 11 de xuño ás 18.00 horas no salón de actos da Casa do Saber

A entrada será libre ata completar a capacidade da sala.

Conferencia «Deseñados con trampas: como o deseño dos videoxogos afecta á saúde mental», unha actividade enmarcada no VII Ciclo de Adiccións sen Substancias que abordará unha cuestión de crecente actualidade: a relación entre o uso dos videoxogos e a saúde mental, así como o impacto que determinados elementos do seu deseño poden ter nos hábitos de consumo e comportamento das persoas usuarias.

A ponencia correrá a cargo de Juan Francisco Navas Pérez, profesor da área de Personalidade, Avaliación e Psicoloxía Clínica da Universidade Complutense de Madrid, investigador e autor de numerosos artigos científicos relacionados coas condutas adictivas e a psicoloxía aplicada aos xogos de azar. Ademais, é coautor de obras de referencia nesta materia, entre elas o libro Trampas.

A conferencia está dirixida especialmente á mocidade, familias, profesionais da educación e a todas aquelas persoas interesadas en coñecer mellor os mecanismos que poden influír no uso problemático dos videoxogos e as súas consecuencias sobre o benestar emocional.

Detalles

  • Fecha: 11 de junio
  • Hora:
    18:00
  • Categoría de Evento:

Recinto

  • Casa do Saber
  • Praza Pío XII, 3
    Lugo, Lugo 27001
    + Google Map