- Este evento ha pasado.
VII Xornadas UNED Lugo Sen Fronteiras

A UNED de Lugo celebra o 11 de xuño de 2026 a sétima edición das Xornadas UNED Lugo Sen Fronteiras, unha iniciativa que pretende achegar á cidadanía diferentes realidades sociais, culturais e humanitarias desde unha perspectiva internacional e de defensa dos dereitos humanos.
Nesta edición, a protagonista será Afganistán e, en particular, a situación das mulleres afganas tras a chegada dos talibáns ao poder en 2021. Baixo o título “As mulleres afganas baixo o réxime talibán: da liberdade ao apartheid de xénero”, a xornada contará coa participación de Khadija Amin, xornalista e presentadora da televisión pública afgá ata a entrada dos talibáns en Kabul.
A actividade comezará ás 17:00 horas coa apertura institucional e a presentación da relatora e do seu libro Sin velo, a cargo de Ana Belén Traseira Pena, directora da UNED de Lugo, e José López Riopedre, doutor en Socioloxía, profesor titor con Venia Docendi da UNED Lugo e coordinador das xornadas.
A continuación, entre as 17:30 e as 20:00 horas, Khadija Amin ofrecerá unha conferencia na que abordará a evolución dos dereitos das mulleres en Afganistán, as restricións impostas polo réxime talibán e os desafíos actuais que afrontan millóns de mulleres e nenas no país.
A xornada concluirá cun acto de sinatura de exemplares de Sin velo, publicación na que a autora relata a súa experiencia persoal e profesional nun contexto marcado pola perda de dereitos e liberdades.
A actividade é gratuíta e aberta ao público, previa inscrición a través da plataforma de Extensión Universitaria da UNED.
Máis información e inscrición:
https://extension.uned.es/actividad/52577





























