Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Presentación do libro ‘Réquiem’ de Eugénio Outeiro

19 de junio - 08:00 - 19:00

Presentación do libro ‘Réquiem’ de Eugénio Outeiro

Este venres, 19 de xuño ás 19:00h, terá lugar na librería Trama a presentación do libro ‘Réquiem’ (XXVIII Premio de Poesía Johán Carballeira), de Eugénio Outeiro. O autor estará acompañado de Silvia Penas e María Casar.

Sobre ‘Réquiem’ (Xerais):

Os versos de «Réquiem», estruturados como un acto relixioso, conforman un poemario coral que honra os asasinados pola barbarie fascista na Illa de Arousa. A memoria das vítimas mestúrase coa paisaxe e co mar, símbolo de dor mais tamén de esperanza, e as súas voces resoan coma ecos na auga, reclamando xustiza e descanso. A través da evocación dos nomes e das súas historias, o poema convértese nun canto colectivo á dignidade, á loita e á permanencia da lembranza fronte ao esquecemento.

Detalles

  • Fecha: 19 de junio
  • Hora:
    08:00 - 19:00
  • Categoría de Evento:

Recinto