Merenda-picnic literaria para comentar «Emma» o clásico de Jane Austen

«Con estes días de altas temperaturas, pensamos que unha excelente forma de retomar a actividade do club é cunha proposta diferente e moi acaída para a época: unha merenda-picnic literaria para comentar Emma, o clásico da literatura inglesa escrito por Jane Austen.
A cita será o vindeiro 30 de xullo ás 18:30 horas, na beira do río Miño. A idea é que cada participante achegue algo para picar e beber, de xeito que entre todas fagamos unha pequena merenda compartida.
No caso de que as condicións meteorolóxicas non sexan favorables, buscaríase un lugar alternativo que nos permita celebrar igualmente o encontro.
Agardamos contar coa vosa participación para desfrutar dunha tarde de lectura, conversa e boa compañía.» https://www.instagram.com/clubdelecturalugo/

