O Concello de Lugo presentou a programación de Tarde Tardiña, a proposta cultural destinada ao público infantil e familiar que encherá de actividade a Praza de Santa María durante este verán cunha selección de espectáculos de teatro, circo, maxia e humor da máxima calidade.

A programación de Tarde tardiña destaca pola presenza de compañías e artistas de primeiro nivel, recoñecidos tanto polo seu prestixio profesional como pola súa traxectoria nos principais escenarios nacionais.

Entre eles figura LaNördika, distinguida co Premio Nacional de Circo 2024 polo seu labor na dramaturxia circense, así como o popular Wilbur, coñecido polo gran público polas súas aparicións televisivas e considerado un dos referentes do circo contemporáneo e do humor familiar.