Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Xornadas 90 aniversario do asasinato de Manuel Díaz González

11 de septiembre - 17:00

III XORNADAS DE MEMORIA HISTÓRICA 90 aniversario do asasinato de Manuel Díaz González

O venres 11 de setembro en O Vello Cárcere de Lugo, conferencia e mesa redonda coordinadas por Ramón Villares, arredor da figura de Manuel Díaz González, “O Pequeniño do Incio”, “O Médico dos Pobres”.

🕔 17:00 – 18:30 h · Conferencia
“O legado do Dr. Manuel Díaz González, O Pequeniño do Incio”

A cargo de José Luis Díaz Gómez, investigador titular do Departamento de Historia e Filosofía da Medicina da Facultade de Medicina da Universidade Nacional Autónoma de México (UNAM) e membro da Academia Mexicana da Lingua. Sobriño de Manuel Díaz e principal investigador da súa vida.

🕡 18:45 – 20:00 h · Mesa redonda
“A vida e a obra do médico no contexto da II República”

Coa participación de Lourenzo Fernández Prieto, Claudio Rodríguez Fer, Carmen Blanco e José Luis Díaz Gómez.

Un encontro para achegarnos á dimensión humana, médica, política e histórica dunha figura profundamente ligada á memoria de Lugo e de Galicia, e para comprender mellor o contexto no que desenvolveu a súa vida e no que foi perseguido e asasinado.

@ovellocarcere @lourenzofp @facultadexh @histagra.un @cultura_usc @concellolugo

Detalles

  • Fecha: 11 de septiembre
  • Hora:
    17:00

Recinto

  • O Vello Cárcere
  • Av. Alcalde Anxo López Pérez, 10
    Lugo, Lugo 27002 Spain
    + Google Map
  • Teléfono 982 29 71 95