Teatro Amador «Vermello»

Teatro Amador «Vermello»
REBULDEIRA TEATRO
Sábado, 19 de setembro de 2026 20:30 hs.
As vidas de Manuel Díaz, o médico dos pobres, Rafael de Vega, Franco, e xente coma nós, mestúranse coa historia ficcional de Rebuldeira Teatro na Guerra Civil.
Somos actrices que representamos unha guerra vermella e queremos berrar a todo o mundo a nosa historia.
Unha peza que abrangue a risa e a morte, o lamento e a ledicia, na que a nosa directora dirixirá o espectáculo dende as táboas. Que comece a función.
ENTRADAS: 3 € a través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.

