Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Obradoiros científicos G-Night 2026

25 de septiembre - 18:00 - 22:00

Venres, 25 de setembro, de 18.00 a 22.00 horas no Mercado Municipal Quiroga Ballesteros e soto da Praza de Abastos de Lugo
Entrada de balde. Dirixidos a toda a cidadanía, con idades específicas segundo cada actividade.

Organizan: XuvenCiencia e AgroMar.

Obradoiros na Praza de Abastos

Obradoiro no que resolveremos retos de maneira colaborativa, xogando coa ciencia, a expresión corporale as matemáticas. Experimentaremos con algúns recursos innovadores que empregamos na Facultade de Formación do Profesorado mentres descubrimos o que somos quen de facer.

Duración: 50 – 60 minutos

6 a 16 anos

Riscos asociados ao uso do Smartphone e Redes Sociais

Como inflúen os teléfonos móbiles e as redes sociais no noso día a día? Neste obradoiro, menores de 3 a 12 anos, familias e profesorado poderán descubrir, a través de xogos, dinámicas participativas e recursosprácticos, como identificar e previr os riscos asociados ao uso inadecuado da tecnoloxía. A actividadeincluirá tamén un espazo de asesoramento e materiais divulgativos con ferramentas para promover un usomáis saudable, seguro e responsable das pantallas.

Mestre/as e familias con fillos de 3 a 12 anos

Quen ten máis proteína?

As proteínas contribúen ao aumento e conservación da masa muscular e ao mantemento dos ósos en condicións normais, o que as posiciona como un macronutriente imprescindible na alimentación. Nesteobradoiro determinarase o contido de proteína de diferentes tipos de leite e de bebidas vexetais para ver calnos aporta unha maior cantidade de proteína.

Duración: 15 – 20 minutos Todas as idades

Fotosíntese artificial

Demostración da produción de hidróxeno a partir de enerxía solar utilizando unha cela de combustible.Utilización do hidróxeno xerado para propulsar un vehículo.

Duración: 20 -25 minutos

9 a 18 anos

Obradoiros no Mercado Municipal
As carrachas, presuntas culpables

Neste obradoiro traballaremos coas carrachas, eses pequenos animais que a miúdo atopamosalimentándose dos nosos cans, ou incluso, se temos mala sorte, de nós mesmos. Coñeceremos as carrachas que se atopan en Galicia, como identificalas e que enfermidades poden transmitir. Finalmente daranseunhas pautas para que os e as participantes poidan saber como evitar as súas picaduras e, polo tanto, atransmisión de patóxenos.

Duración: 10 – 15 minutos Maiores de 14 anos

Monitorización ambiental de baixo custe utilizando Arduino e ESP32

Trátase de facer medidas de temperatura, humidade ambiental, humidade da terra, e outras, utilizandosensores de baixo custe e placas tipo Arduino ou ESP32. Tamén se describirá o proceso de deseño e depuración do kit Aqualab, facendo demostracións do seu uso.

Duración: 10 – 15 minutos Maiores de 12 anos

Un bosque nun chiscar de ollos

A actividade consistirá na exposición de diferentes especies vexetais cultivadas in vitro, seguido dunha demostración da técnica de propagación in vitro e microenxerto. Resolveremos cuestións como: Por queclonamos as árbores?

Cantas árbores se poden producir nun ano utilizando o cultivo in vitro? Como seleccionamos os individuos aclonar?

Duración: 30 minutos Todas as idades

Que hai baixo os teu pés? O proxecto SUS-SOIL

O proxecto SUS-SOIL (101157560), financiado pola Unión Europea e coordinado polo Grupo deInvestigación en Sistemas Agroforestais e Agroecolóxicos, céntrase no estudo da saúde dos solos para avaliar o seu grao de sustentabilidade. Neste laboratorio vivo descubriremos o efecto dos incendios sobre o solo, os residuos que poden resultar nocivos para o medio ambiente e os pequenos amigos microscópicosque habitan nos nosos solos e contribúen á súa fertilidade.

Máis info: //www.sus-soil.eu/

Todas as idades

Ferramentas dixitais ao servizo do agro

O proxecto GREENCOOP (101182021), financiado pola Unión Europea e coordinado polo Grupo de Investigación en Sistemas Agroforestais e Agroecolóxicos, céntrase na transición cara a modelos decooperación rural que integran a agroecoloxía e a innovación dixital. Nesta experiencia inmersivadescubriremos o papel do porco celta como desbrozadora natural dentro dos sistemas agroforestais,amosando como a tecnoloxía e o coñecemento tradicional se combinan para deseñar comunidadesrurais máis sustentables e resilientes.

Máis info: //www.greencoopeu.eu/ Todas as idades

REMOVIRT H3D

Os e as visitantes poderán interactuar con visualizacións tridimensionais de fígados humanosreconstruídos a partir de probas de Tomografía Computerizada realizada no Hospital Álvaro Cunqueiro deVigo. As reconstruccións realizámolas no marco do Proxecto Removirt, na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría no Campus Terra de Lugo, empregando técnicas de Machine Learning, Intelixencia Artificial eVisión Artificial. Ao público visitante ofreceráselle unha explicación de como este sistema desenvolvido no proxecto significará un gran avance na planificación de cirurxías do fígado cando este está afectado porenfermidades relacionadas co cancro e a cirrosis hepática.

Máis info: //www.removirt.es/ Todas as idades

RePowerSiC

RePowerSiC ten como misión redefinir a forma en que se transmite a enerxía no espazo. O noso obxectivo é desenvolver un sistema de transmisión de enerxía mediante láser de alta potencia baseado en carburo de silicio (SiC), capaz de permitir a transferencia de enerxía sen fíos a través de grandes distancias no espazo.Esta tecnoloxía promete non só mellorar a eficiencia, senón tamén reducir drasticamente o peso e o tamaño dos receptores de enerxía, facendo que a exploración espacial sexa máis eficaz e sostible. Os visitantes, ademais de información do proxecto, poderán ver demostradores de probas de concepto realizadas tanto no Centro de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) como na Escola Politécnica Superior deEnxeñaría do Campus de Lugo. Nestes demostradores inténtase mostrar a problemática de transmitir enerxía no espazo e como dende o proxectoRePowerSiC se atende a esta necesidade.

Máis info: //repowersic.eu/ Todas as idades

O supermercado imposible

Neste obradoiro interactivo descubrirás como cambia a nosa forma de escoller cando temos poucas opcións,moitas alternativas ou unha selección feita por un algoritmo. A través do teu móbil participarás nun experimento real sobre comportamento do consumidor. Veremos canto tardamos en decidir, cantoconfiamos na nosa elección e ata que punto deixamos que a tecnoloxía escolla por nós. Os algoritmosaxúdannos a decidir ou condicionan o que podemos elixir?

Duración: 20 – 25 minutos Maiores de 14 anos

As cores que se agochan nas tintas

Neste obradoiro utilizaremos FlorLab para descubrir que cores se agochan detrás da tinta dos rotuladores. Mediante unha sinxela experiencia de cromatografía, separaremos os distintos pigmentos que compoñen cada tinta e compararemos os resultados entre diferentes cores e rotuladores. Unha forma práctica e visual dedescubrir como a química nos permite separar e identificar os compoñentes dunha mestura.

Duración: 20 – 30 minutos

6 a 12 anos

Areeiro de realidade aumentada

Seguindo un modelo desenvolto na Universidade de Davis móstrase un simulador de mapas topográficosen 3D interactivo que se actualiza en tempo real cando o manipula o usuario. Tamén podemos simular aescorrentía de augas cando se “fai chover” sobre o terreo. Este ano con novos xogos interactivos.

Duración: 15 minutos Todas as idades

Superbacterias á vista!

Sabías qué hai microorganismos tan fortes que nin os antibióticos máis potentes conseguen vencelos? Agóchanse en todas partes e aínda que son invisibles aos nosos ollos, están a causar unha pandemiasilenciosa que amenaza a nosa saúde. Nesta actividade descubrirás quen son as Superbacterias, que aspecto teñen, como se espallan e, o máisimportante, que podemos facer para previlas.
Ademais, empregando a creatividade, poderás darlle forma coas túas máns, mentres aprendes a coidar dasaúde de todos e todas!

Duración: 30 minutos

3 a 14 anos

E para medir árbores, mellor cinta métrica ou escáner?

Para coñecer o estado e a evolución dos bosques é imprescindible ter información de primeira man dasárbores que os compoñen: que especies os conforman, que tamaño teñen, como se distribúen dentro dobosque, etc. Se queres coñecer como as novas tecnoloxías baseadas en escáneres láser nos axudan a obter esta información, este é o teu obradoiro!

Duración: 25 – 30 minutos Maiores de 12 anos

Lambiscadas Científicas

As Lambiscadas Científicas, co apoio da Área de Medio Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, achegan a ciencia ao rural a través da colaboración con entidades asociativas do territorio. Mediantefaladoiros próximos e participativos, persoal investigador comparte coñecemento sobre temas diversos deinterese para a cidadanía, favorecendo o diálogo e facendo que a ciencia chegue tamén fóra dos espazosacadémicos.

Todas as idades

Web oficial: https://gnight.gal/

Detalles

  • Fecha: 25 de septiembre
  • Hora:
    18:00 - 22:00
  • Categoría de Evento: