Programación cultural da USC Campus de Lugo, aberta á toda a cidadanía:
Concerto de Laura Lamontagne, actuación de High Paw no Microaberto, que ademais impartirá un taller.
Da man de Adra Pallón, Pepe Coira, Clara Coira e Andrés Goteira botará a andar tamén unha nova experiencia ‘Visións de Cine’
A presentación do libro «Fran Pérez Narf Canto Sentido» contará con Quico Cadaval e Pepe Sendón.
Música clásica:tres concertos que contan co apoio da Sociedad de Artistas Intérpretes o Ejecutantes de España (AIE).
Os certames xa consolidados no campus lucense repetirán neste Outono Cultural. Este é o caso de citas emblemáticas como o Maratón Fotográfico, coordinado por Eduardo Ochoa; Paisaxe Sonora, coordinado por Arturo Abrigueiro; ou o certame de Videoarte, que dirixe Carmen Granxeiro
Ademais, mantense o Taller de iniciación á fotografía.
Os espazos de formación e creación, danza e teatro, continúan con actividades tamén para o IV ciclo.
A orquestra e o coro da USC terá tamén a súa sección en Lugo.
Foros como ‘A Memoria democrática’, da man de María Valcárcel, ou ‘As Muiñadas. Encontros co mundo do tradi’ conducidos por Adrián Méndez grupo De Ninghures, coa presenza de Aida Tarrio e Mondra; así como a proxección de Antes de maio integran tamén a programación do campus lucense.
O capítulo audiovisual tamén o compón Orgullosas coa presenza de Alba Loureiro.
Os programas de divulgación científica ‘Xoves de Ciencia e Cañas’ e ‘DivulgaT’ mantéñense un ano máis.
A todos estas actividades hai que engadir as Faíscas Culturais, unha iniciativa que ten como obxectivo prender a reflexión cultural nas aulas da USC e complementar a formación do estudantado a través de intervencións e actividades de carácter cultural.
As actividades artéllanse ao abeiro do convenio Lugo Cultural, no que participan USC, Concello de Lugo e Deputación de Lugo, Iria Castro anunciou unha achega de 30.000 euros da Vicepresidencia da Deputación, 10.000 máis que nas últimas anualidades.
Nese punto, a responsable provincial recoñeceu “a necesidade deste financiamento para manter a diversidade e calidade da programación” e destacou “o traballo da área de Cultura da USC e o coidado e atención que presta a propostas culturais emerxentes para conectar cos intereses e preferencias da mocidade”.






