Concerto recital de Son de Corda

A Capela de Santa Maria acollerá este venres -23 de outubro- 20:00 horas o concerto recital “As poetas da montaña” no que o cuarteto Son de Corda homenaxea a poetas contemporáneas con orixe na montaña lucense.
A formación vocal formada por Esperanza Iglesias, Carmen Prendes, Fernando G. Jácome e Antón Castro, acompañada por Raúl Rodríguez ao piano, presentará poemas musicados de Eva do Roxo, Andrea Valle, María Reimóndez, Beatriz Dourado, Inés López, Helena Vilar, Branca Novoneyra, Marica Campo, Xiana Arias, Neves Neira, Brenda Mondelo e Olga Novo.
O concerto contará coa participación de sete das autoras -Inés López, Brenda Mondelo, Andrea Valle, Nieves Neira, Eva do Roxo, Beatriz
Dourado e Marica Campo-, que recitarán os seus versos.
A entrada ao concerto é libre e gratuíta, até completar a capacidade da Capela.
A actuación forma parte dun ciclo promovido pola área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo que inclúe tamén concertos no
Incio e Becerreá -onde xa se celebraron –, A Pobra do Brollón -o 8 de novembro -, A Fonsagrada – o 21 de novembro- e Navia de Suarna -28 de novembro-

