Cargando Eventos

« Todos los Eventos

XXIV Exposición de Cogomelos

8 de noviembre

A Deputación de Lugo acollerá este domingo, 8 de novembro, a XXIV Exposición de Cogomelos que organiza a Sociedade Micolóxica Lucus.

O corredor do Pazo de San Marcos volverá converterse nun espazo de divulgación e coñecemento da riqueza micolóxica da provincia, cunha mostra que cada ano atrae a centos visitantes e que xa é unha das citas clásicas do outono lucense.

A exposición permitirá observar diferentes especies de cogomelos representativas dos distintos hábitats da provincia, debidamente identificadas e acompañadas de información de interese.

Nalgunhas edicións chegaron a mostrarse ata 300 especies, aínda que nesta ocasión se prevé unha cifra menor debido á seca.

A mostra completarase cunha exposición fotográfica dedicada aos cogomelos e aos hábitats micolóxicos da provincia. E os visitantes poderán acceder a unha presentación audiovisual sobre micoloxía e observar, a través dunha lupa binocular, diferentes cogomelos e as súas
estruturas.

Durante toda a xornada, membros da Sociedade Micolóxica Lucus estarán presentes para atender as preguntas dos visitantes. A exposición poderá visitarse o domingo en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:30 horas.

O acto institucional de inauguración terá lugar ás 12:00 horas e a entrada será libre e gratuíta.

Detalles

  • Fecha: 8 de noviembre
  • Categoría de Evento:

Recinto