Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Galeguia: I Encontro artístico de canto de mulleres

13 de noviembre - 15 de noviembre

Baixo o nome de ‘Galeguia’, unha actividade incluída no Outono Cultural da USC, vai ter lugar o I Encontro artístico de canto de mulleres procedentes de Galicia, Portugal, Cabo Verde e Brasil.

Será os días 13 de novembro, no Pazo de San Marcos de Lugo, 14 de novembro no Auditorio da Facultade de Veterinaria, e 15 de novembro no Salón de Actos da Casa do Saber.

O encontro constará dun conxunto de actividades artísticas onde se poden integrar todas as persoas e colectivos que así o desexen.

Serán palestras, obradoiros e conversas que terán como obxectivo promover o coñecemento e o intercambio entre as persoas e colectivos participantes, todas elas do mundo da Lusofonía, como troca afectiva e comunitaria, das diversas experiencias e do canto en comunidade. Trátase tamén de explorar o canto colectivo como práctica artística, política e relacional.

Como fin de festa celebrarase un concerto de Vânia Couto e Xoán Fuertes, acompañados por Ugia Pedreira, Liliana Abreu, Miguel Díaz Valdés, Dulce Cuz, Matilde Simões e polas voces das mulleres do Coro da Fabrica, Erikas e Peluxias e Batuko Tabanka.

Para asistir ao encontro e ao concerto é preciso inscribirse de balde ata o 10 de novembro, de balde, neste formulario.

O proxecto conta co financiamento da Área de Cultura da Deputación de Lugo e a colaboración da Vicerreitoría de Cultura, Lingua e Patrimonio da USC.

Detalles