(20:15 h) Concerto do dúo Brisalia

O dúo Brisalia dará un concerto o luns 23 de novembro ás 20.15 horas na Casa do Saber do campus de Lugo
A entrada é de balde e libre ata completar a capacidade da sala.
Dúo Brisalia
Brisalia é un dúo de voz e piano nacido en 2022, froito do encontro entre dúas músicas apaixonadas pola interpretación e a colaboración artística. A súa traxectoria comezou no contexto da colaboración académica entre o Real Conservatorio Superior de Música de Madrid e a Escuela Superior de Canto de Madrid, onde coincidiron na materia Prácticum de Colaboración Vocal. Desde o primeiro momento, sentiron unha conexión musical especial e decidiron unir os seus talentos para dar forma a un proxecto que combina sensibilidade, técnica e expresividade.
Enmarcado no ciclo ‘Músicas a carón da Mosqueira’ do Outono Cultural. Esta iniciativa enmárcase dentro da programación artellada ao abeiro do convenio Lugo Cultural que desenvolven a Universidade de Santiago de Compostela, Cultura e Turismo do Concello de Lugo e a Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo.

