Cargando Eventos

« Todos los Eventos

XXXVII Xornadas Luis Asorey

9 de noviembre - 11 de noviembre

XXXVII Xornadas Luis Asorey

Salón de actos do Pazo de San Marcos entre o 9 e o 19 de novembro

Nesta ocasión se desenvolverán baixo o título A medicina natural: de remedios tradicionais a evidencias científicas.

O encontro reunirá a sete especialistas de diferentes ámbitos para analizar as posibilidades terapéuticas dos recursos naturais, así como o fundamento científico das súas aplicacións no ámbito da saúde.

O programa, patrocinado pola Deputación de Lugo, está organizado pola Real Academia Galega de Ciencias en colaboración co Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela, e propón un percorrido por diferentes disciplinas e prácticas relacionadas coa medicina natural.

Fitoterapia, a cura balnearia, a micoterapia, os compostos medicinais das microalgas, a saúde ambiental, os baños de bosque e o cultivo de plantas medicinais serán algúns dos asuntos centrais desta edición.

As conferencias celebraranse en horario de 19:00 a 21:00 horas e as persoas interesadas poderán asistir presencialmente ou seguir as sesións en liña, a través da canle de YouTube do Servizo de Audiovisuais da institución provincial: https://www.youtube.com/@FUNDACIONTIC.

INSCRICIÓN

A inscrición é gratuíta e pode realizarse a través do seguinte formulario:
https://forms.gle/WGqsBKouo8nN8mHa6

PROGRAMA

9 de novembro: Fitoterapia: da tradición á evidencia científica. Plantas medicinais recoñecidas pola Axencia Europea do Medicamento, a cargo de Antonio Rigueiro Rodríguez, doutor en Enxeñaría de Montes, profesor emérito da USC e presidente da Asociación Forestal de Galicia.

10 de novembro: A cura balnearia: indicacións actuais e fundamento científico, impartida por Juan Jesús Gestal Otero, doutor en Medicina e Cirurxía, profesor emérito da USC e director da Cátedra de Hidroloxía Médica USC-Balnearios de Galicia.

11 de novembro: O potencial medicinal dos compostos mariños das microalgas visto desde a Universidade, a cargo de Luis Miguel Botana López, doutor en Farmacia e catedrático de Farmacoloxía da USC.

16 de novembro: Micoterapia: da tradición á evidencia científica, impartida por Julián Alonso Díaz, doutor en Veterinaria e presidente da Sociedade Micolóxica LUCUS.

17 de novembro: Cultivo e comercialización de plantas medicinais. Presentacións e preparados, a cargo de Rosa Romero Franco, doutora en Bioloxía, profesora titular da USC e exdirectora da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría de Lugo.

18 de novembro: Saúde ambiental: a exposición ao gas radón e os seus efectos sobre a saúde, impartida por Lucía Martín de Bernardo Gisbert, doutora en Epidemioloxía e Saúde Pública e profesora da USC.

Detalles

  • Inicio: 9 de noviembre
  • Finaliza: 11 de noviembre
  • Categoría de Evento:

Recinto