As visitas guiadas serán do 6 ao 9 de decembro, con saída ás 12:30 horas da Praza do Campo. As inscricións deben facerse na oficina de turismo
O toque musical correrá a cargo do Trío Boreas e Abraham Cupeiro, que actuarán o día 6 e 8; respectivamente, no patio do Vello Cárcere, ás 20:00 horas. A entrada é libre ata completar cabida
Haberá dous roteiros: un sobre o deseño da cidade e outro con visitas a talleres de artesáns. A inscrición tamén debe facerse na Oficina Municipal de Turismo. O espectáculo Gaia e exposicións completan a programación.

Decembro 2018 A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre presentou as actividades que programou o Concello para esta Ponte de Decembro: «Ponte» en Lugo.

Entre as alternativas, a entidade local ofrece, do 6 ao 9 de decembro, visitas guiadas pola cidade, con saída ás 12:30 horas dende a Praza do Campo. As inscricións deben facer na Oficina Municipal de Turismo, no teléfono 982-25-16-58 ou no enderezo electrónico lugoturismo@concellodelugo.org.

Tamén hai programados concertos: a cargo do Trío Boreas, coa soprano Laia Blasco, Lidia Rodrigo no clavémbalo e a flautista Elisabeth Woltèche, que realizarán un concerto de música clásica o día 6; así como de Abraham Cupeiro, o día 8 de decembro, presentando o seu novo disco, Os sons esquecidos. Ambas as dúas actuacións serán ás 20:00 horas no patio do Vello Cárcere. A entrada é libre ata completar cabida.

En canto ás andainas, o día 6 de decembro celebrarase o roteiro Intramuros: o deseño dunha cidade, e o día 9 un itinerario da variante do camiño francés por Anseán, Manán, Laxosa e Santa Comba, baixo o nome Da man dos artesáns. Esta última andaina tamén realizará unha visita a talleres de varios artesáns que teñen os seus talleres no entorno deste camiño. As inscricións tamén se deben facer na Oficina Municipal de Turismo e o punto de saída é a parada de bus da rúa Anxo López Pérez, ás 10:30 horas. 

O domingo 9, o Auditorio Municipal Gustavo Freire acollerá dende as 18:30 horas o espectáculo familiar Gaia, de Entremáns Danza; unha historia en movemento na que a pintura, a música e o audiovisual axudan a descubrir a intensidade, o poder e a beleza das características do planeta e dos tesouros naturais. O importe das entradas é de 5€ para os adultos e de 2,5€ para os nenos e nenas. Venderanse na Oficina Municipal de Turismo e no auditorio, desde unha hora e media antes das actuacións.

Exposicións para visitar

Para estes días, Lugo tamén acolle diversas exposicións en distintos puntos da cidade:

MIHL
José Da Riva Varela. Un labrego por obriga con grandes inquedanzas

Vello Cárcere
Fotografías da Muralla de Pepe Álvez: Feitas con móbil
XII Bienal de pintura do Eixo Atlántico
24 Maratón Fotográfico do Campus de Lugo
Retratos sobre fondo negro
Elas
Desenterrar o pasado, un percorrido pola arqueoloxía de Lugo

Praza Horta do Seminario
Heroes ocultos. Inventos xeniais. Obxectos cotiáns.

Horarios da Oficina Municipal de Turismo e Museos Municipais

Oficina Municipal de Turismo/Centro de Interpretación da Muralla
Luns, martes e mércores de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00 horas
De xoves a domingo: de 11:00 a 19:30 horas

Casa dos Mosaicos
Martes a sábado de 11:30 a 13:30 horas e de 17:00 a 19:00 horas
Domingos de 11:30 a 13:30 horas

Centro Arqueolóxico San Roque
De xoves a sábado, de 11:30 a 13:30 horas e de 17:00 a 19:00 horas
Domingos, de 11:30 a 13:30 horas

Sala de Exposicións Porta Miñá
De xoves a sábado, de 11:30 a 13:30 horas e de 17:00 a 19:00 horas
Domingos,de11:30 a13:3 0horas

MIHL
Martes a sábado de 11:00 a 13:30 horas e de 17:00 a 19:30 horas
Domingos, de 17:00 a 20:00 horas

Vello Cárcere
Luns de 11:00 a 14:00 horas
Martes e mércores de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:30 horas
Xoves, venres e sábado de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 22:30 horas
Domingos de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:30 horas