Febreiro 2019 Como cada mes as amigas de Bico de Grao comparten a súa programación de actividades. Neste mes de febreiro poderemos participar en:

  • IOGA
  • IOGA CON BEBÉS
  • PILATES
  • INICIACIÓN Á COSTURA A MÁQUINA. Novo!!
  • ACROIOGA 09/02
  • MERCADIÑO DE TROCO INVERNO 13/02
  • OBRADOIRO DE COSMÉTICA NATURAL 22/02
  • IOGA EN FAMILIA 16/02
  • XORNADA DE TROCO DE SEMENTES E ESGALLOS 27/02
Click nas imaxes e as verás máis grandes:
ACTIVIDADES PERMANENTES:

Ioga

Luns de 17:00 a 18:00

Imparte Donvina Villares

Aportación 28€/mes. (45€/mes se asistes tamén a Pilates, polas dúas actividades)

So tes que traer roupa cómoda, calcetíns gordiños e esteira.

Inscríbete respondendo a este correo ou en Bico de Grao.

Pilates

Xoves de 16:45 a 17:30

Imparte Donvina Villares

Aportación 28€/mes. (45€/mes se asistes tamén a Ioga, polas dúas actividades)

É preciso traer roupa cómoda, calcetíns gordiños e esteira.

Inscríbete respondendo a este correo ou en Bico de Grao

Ioga con bebés

Xoves de 11:30 a 12:30

Imparte Alejandra Rodríguez

Aportación 20€/mes.

Ioga enfocado a explorar os movementos cos nosos bebés, de ata 18meses. Respectando os seus tempos e tamén, nais ou pais poderemos facer algún estiramento acompañándoos. Exercicio indicado para que os nenos e as nenas se atopen máis tranquilxs e máis felices co que conseguiremos unha mellor alimentación e un mellor descanso.

Inscríbete respondendo a este correo ou en Bico de Grao.

Iniciación á costura a máquina. Novo!!

Martes de 15:00 a 19:00 durante 6 sesións.

Imparte Fixenöeu

Aportación 60€ /curso completo cos materiais incluídos. É necesario traer máquina de coser. (Bico de Grao conta con dúas máquinas que serán prestadas en rigoroso orde de apuntamento)

Aprenderemos a usar a nosa máquina de coser dende as primeiras puntadas e facendo sinxelos proxectos que nos darán alas para coser sen parar.

ACTIVIDADES PUNTUAIS

Acroioga. Taller de ioga en parellas

Sábado 9 febreiro de 11:30 a 12:30

Imparte Alejandra Rodríguez

Aportación 18€/parella

Trátase dun taller para divertirse. Podes vir coa parella, cun familiar ou amigx. Melloraremos a comunicación sentido o contacto coa outra persoa, vendo como nos apoiamos mutuamente. Aproveitando para corrixir a aliñación de todo o corpo.

Inscríbete ata o 6 de febreiro respondendo a este correo ou en Bico de Grao. Para facer efectiva a reserva é necesario aportar o 30% no momento da inscrición.

Mercadiño de troco de Inverno

Mércores 13 de 17:00 a 20:00

De Balde

O Banco de Tempo de Lugo e Bico de Grao propoñémosvos unha nova xornada de intercambio. Lembrade que podedes traer todo aquilo que non esteades a usar, que obviamente se atope en bo estado, e levar aquilo que precisedes. Pódense intercambiar todo tipo de produtos; roupa, libros, música, xogos, bonecos, accesorios, aparellos electrónicos… Calquera cousa que sexa susceptible de ser reutilizado será benvido.

“O TROCO é unha revolución emerxente en tempos de crise. É un sistema de mercado alternativo no que se ten en conta o valor das cousas, non o seu prezo en moeda, promovendo hábitos de consumo responsable e evitando o gasto de diñeiro”

Obradoiro de cosmética natural

Imparte Susana Castro

Aportación 25€

Elaboraremos os nosos propios produtos cosméticos con ingredientes naturais adaptados aos diferentes tipos de pel. Cada participante fará os seus propios produtos e levará unha mostra envasada e lista para usar ou agasallar!

Inscricións ata o día 19 de febreiro respondendo este correo ou pasando pola tenda. Para facer efectiva a reserva é necesario aportar o 30% no momento da inscrición.

Ioga en Familia

Sábado 23 de 11:30 a 12:30

Imparte Alejandra Rodríguez

Aportación 10€/adultos 5€/nenos

O propósito desta actividade é crear un vínculo entre a comunidade que rodea as nenas e nenos. É unha experiencia divertida que permite tanto ás persoas adultas como ás cativas descubrir os beneficios do ioga. Con xogos orixinais, creativos e atractivos, fortaleceranse os lazos familiares aprendendo a compartir o espazo.

Inscricións ata o día 19 de febreiro respondendo este correo ou pasando pola tenda. Para facer efectiva a reserva é necesario aportar o 30% no momento da inscrición.

Xornada de troco de sementes e esgallos

Mércores 27 de 17:00 a 20:00

De Balde

A Rede de Sementes de Lugo (iniciativa a prol da descentralización do control das sementes) xunto con Bico de Grao, preparamos unha nova sesión de intercambio. É interesante traer as sementes etiquetadas para unha mellor colleita. Pásate pola tenda na Ronda das Fontiñas 226 e troca sen parar sementes e esgallos.

Imos facer aproveitamento para preparar as sementeiras dos cultivos do verán.