Abril 2019 O xurado profesional do XXI Certame de Narración Curta Ánxel Fole, posto en marcha polo Concello de Lugo, decidiu outorgar o premio deste concurso a Xosé Antonio Neira Curz, pola obra titulada Veleno de tinta imprensa.
Os membros do xurado reuníronse baixo a presidencia, con voz e sen voto, da Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre. Estivo composto por Luz Darriba, artista multidisciplinar; Xosé Cid, gañador da edición anterior deste certame; Manuel Bragado, ensaísta, crítico e editor, e como representante de Edicións Xerais de Galicia.
A entidade local convoca cada ano este premio para novelas breves ou libros de relatos, que está dotado cun único premio de 4.000 euros, ademais da publicación da obra premiada a cargo da editorial Edicións Xerais de Galicia.