Maio 2019 Pasan os días e aún se comenta en Lugo a xenial gala inaugural do Mago Rafa neste LugoMáxico 2019. Como dí o dito «o que ben empeza ben acaba» e na súa recta final, o venres 10/05, o Mago Teto será o responable da Gala Unipersonal co seu espectáculo «Alquimia». 

O Mago Teto é un dos magos máis veteranos e relevantes a pesar da súa xuventude. Habitual na televisión desde os seus comezos, goza de gran popularidade e recoñecemento. Falamos dun mago moi completo, con espectáculos de rúa (como O Afiador) ou de gran formato para teatros (A Maxia da Santa Compaña) e todoterreos como o seus clásicos ʻTolemaxiasʼ e “Perto de Ti”; e todos, caracteizados polo seu humor, personalidade e nivel técnico.

ALQUIMIA 

Durante milleiros de anos, os alquimistas con grandes coñecementos nas matemáticas, na física, na química, na astroloxía e incluso no ocultismo, viaxaron cos seus laboratorios ambulantes por todos os lugares do mundo cun obxectivo concreto: atopar a Pedra Filosofal.

O soño dos alquimistas era dominar a natureza , o lume, e finalmente o tempo.

Os alquimistas crían que a pedra filosofal podería concederlles tanto a cura de todas as enfermidades para gozar da vida eterna como a riqueza, transformando metais en ouro. Cando conseguían estes logros, coñecíase como “ A gran Obra”.

Nesta nova aventura, o mago Teto, tras varios anos estudando, experimentando e intentando descifrar a estraña simboloxía dos libros sobre alquimia, ponse na pel dos alquimistas perseguindo o seu soño e buscando a pedra filosofal; non para conseguir a riqueza e a vida eterna, senón a alquimia que está dirixida ao corazón, ¡¡a felicidade!!.

A felicidade do público e do propio mago e así lograr a súa “ Gran Obra”.

Auga, terra, lume e aire farán posible esta nova aventura do mago Teto.

RECORDA

Mago Teto presenta «ALQUIMIA»
Lugo Máxico
Auditorio Municipal Gustavo Freire 
PÚBLICO: FAMILIAR

DÍA: 10 DE MAYO DE 2019 HORA: 20:00