Xuño 2019 A escritora lucense Sonia Arias López presentou no Pazo de San Marcos, «Manchas de frío», o seu novo libro. Trátase do segundo libro que esta autora, natural de Paradela e veciña de Sarria, publica coa editorial Angels Fortune.
En Manchas de frío crecen historias que achegan aos lectores ao surrealismo, intimismo, ao idealismo e tamén a máis descarnada realidade. Coa frialdade como tema principal do libro, a autora amosa a persoas valentes e loitadoras. Un libro rompedor no que a través de 24 relatos realiza un percorrido polos sentimentos humanos a través das emocións.
Publicacións da escritora lucense Sonia Arias
No seu primeiro poemario Parques de Atracciones, Sonia Arias aborda o amor e o desamor. En Campos de batalla, o seu segundo poemario, diversifica a súa temática e reflexa a madurez creativa da escritora. Nesta publicación, Manchas de Frío a escritora lucense afonda a través da narrativa na frialdade e nas inxustizas.