A nova editorial de Lugo "Ámboa" estrease con "Fulgor"

Xullo 2019 Cada vez que nace unha nova editora o mundo equilíbrase un pouco máis, o ben vence ao mal, a luz á oscuridade e pásanos de inmediato esa sensación derrotista de que todo perderase no tempo, como bágoas na choiva. 

Cada nova proposta cultural é un paso máis contra a uniformidade e obsolescencia que teñen programada para nós os poucos que se tomaron ao pé da letra á bruxa Avería e o seu vivaomalvivaocapital… son poucos pero son os que mandan, e o están a conseguir…¡PERO! cada vez que alguén valente pon en marcha un proxecto cultural é unha gran victoria para o mundo en xeral.  

Este pequeno gran paso hacia un mundo mellor o acaban de dar as lucenses, María Grandío e Nieves Neira, estreandose no mundo editorial baixo o nome de «Ámboa» e co libro «Fulgor» – editado tamén por María Corral Fernández –  como primeira referencia. 

Como vimos contando desde Viva Lugo, a revolta cultural lucense segue a un ritmo frenético, o contaxio por crear é xeneralizado e o medo a lanzarse a facer cultura en Lugo e desde Lugo perdeuse e ben perdido está. Todo medre «Ámboa»!

fulgor

FULGOR

En maio de 2018, dez mulleres reuníronse no claustro da catedral de Lugo para ler os moitos libros de Maria Gabriela Llansol esparexidos polo chan, abríndose en leve brisa, e cunha única pauta: a danza (ver a fotoreportaxe «Fulgor, lectura danzada») . Nesa lectura estábase a escribir outro libro, este libro: ‘Fulgor. Lectura danzada de Maria Gabriela Llansol’ 

«Fulgor. Lectura danzada de Maria Gabriela Llansol»creceu no curso de Novas Tendencias en Edición Literaria que a Fundación Uxío Novoneyra organizou no 2018 no Centro de Artesanía e Deseño de Lugo. Inclúe un posfacio de João Barrento, un gravado de María Corral Fernández, un prólogo de Nieves Neira e o acceso a un vídeo que recolle parte da lectura do claustro, elaborado por Mar Freire.

«Fulgor», editado baixo o selo de Ámboa, con deseño gráfico e maquetación da tamén lucense Marta Castro (Hei Castro)

Se queredes facervos cun exemplar podedes escribir a amboaeditorial@gmail.com

ÁMBOA

María Grandío e Nieves Neira Roca son as editoras de Ámboa

Ámboa publica libros en galego e portugués que tambén serven de vasos comunicantes dun lado a outro do Miño e do mar, como as ámboas que levaban o viño da Ribeira Sacra a Roma.

FOTOGRAFÍAS DO FULGOR DANZADO