Xullo 2019 O «tapado» do Festival Blues Museum de Lugo, de seguro que é Chris O’Leary – e a súa banda – . Nun festival con Watermelon Slim e un homenaxe á Aretha Franklin, coas blueswoman Izo Fitzroy e YolanDa Brown, coa clase de Ben Poole … unha banda de directo, uns animais do escenario, unhas bestas do blues poden ser a sorpresa do mesmo: The Cris O’Leary Band, bestas do directo no Blues Museum
E que o de Chris e a súa banda é o directo. Tocar, tocar e tocar. Só pasaron un par de veces polo estudio desde a súa formación alá polo 2009…o resto do tempo: escenario. A Chris O’Leary o sitúan como o herdeiro do vocalista e batera dos xigantes «The Band»: Levon Helm – tras xirar con Levon durante seis anos gañouse o dereito a «pelexar» por ese posto, por esa honra -.
Estarán tocando na noite do sábado 20/07 na Pza da Soidade a partir das 21:30
Entrada gratuita
O Festival Blues Museum está promovido pola Deputación e conta coa promotora lucense La Liebre na organización do mesmo.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte