A xenial saxofonista YolanDa Brown abrirá o festival Blues Museum

A xenial saxofonista YolanDa Brown abrirá o festival Blues Museum. YolanDa Brown é unha muller líder e exemplo a seguir para moita xente no Reino Unido pola súa vida profesional e o seu compromiso con numerosas causas.

Yolanda Brown

Xullo 2019 A terceira edición do Festival Internacional de Blues de Lugo, o Blues Musuem, comeza cunha muller que leva dez anos conquistando escenarios co seu saxo cheo de blues, jazz e reggae: YolanDa Brown abrirá o Blues Museum cun concerto familiar o venres 19/07 nos xardíns do Museo Provincial de Lugo ás 13:30 e tamén tocará pola noite, na primeira xornada do festival, compartindo cartel con Izo Fitzroy e Ben Poole na  Praza da Soidade a partir das 21:30

A saxofonista británica ten tres datas en España e unha delas, a primeira, é en Lugo, nun festival que xa o ano pasado traspasou fronteiras e está a conseguir que o mellor do blues mundial teña interese en tocar na nosa cidade. 

No Reino Unido, YolanDa Brown  está considerada como a súa «mellor saxofonista femenina» ademáis de ser unha muller líder e exemplo a seguir para moita xente (ten un doctorado, dous másters, foi elexida como entre os 30 mellores estudiantes negros do Reino Unido, presentadora de radio e televisión, escritora de libros infantís, embaixadora de varias ONGs …)

A primeria artista que gañou o premio MOBO por «Mejor Jazz» dous anos consecutivos – uns dos principais premios de RnB/Soul, Reggae, Jazz, Gospel, e  African music do mundo -, cuios discos sempren entran no top 10 das listas de blues e jazz das illas británicas, Yolanda Brown,  estará en Lugo o venres 19/07 con entrada gratuita. 

Redes de YolanDa Brown:

Facebook

Twitter

Instagram

You Tube