XIV Sanfroidance - Festival de música negra e electrónica

Setembro 2019 Chega a edición XIV do Sanfroidance, a edición máis galega – 100% dos artistas- da súa historia. O festival de música negra e electrónica organizado polo Concello de Lugo e a promotora Trasnosound Events, celebraráse na Praza da Soidade de Lugo o sábado 5 de Outubro de 2019 a partir das 15:00 horas dentro da programación das festas patronais do San Froilán.

Este ano ademais da música, o programa trae unha novidade:  I Campionato Nacional de #Xiradiscos Portátiles, comisariado polos Dj´s José Rodriguez e Ozetak

A presentación do festival corre da man do Beatboxer Izh Rhan e a parte visual correrá a cargo do VDJ Lucense #DobleK.

A imaxe do cartel anunciador é dun dos grafiteiros máis importantes do país, coñecido tamén internacionalmente polas súas obras de arte, Zeta1970.

ARTISTAS E HORARIOS:

Rendi Nue (17:00 horas)

Bush Doctors (18:00 horas)

MarvinL (19:00 horas)

Erin (20:00 horas)

FonKid ( 20:50 horas)

Mandruka ( 22:00 horas)

DjLimbo (23:20 horas)

Gama (24:30 horas)