Setembro 2019 O día que a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, informaba que un total de 6151 persoas visitaron o Vello Cárcere durante os meses de verán, tamén destacaba o traballo que se está a facer para que o Vello Cárcere sexa un centro de referencia da programación cultural da cidade, cunha programación cultural (xunto o MIHL e o auditorio municipal) do interese de toda a veciñanza de Lugo.
Dentro desa programación cultural, continúa e aumenta a apota polos artistas lucenses: moitos dos artistas e actividades de «O que queda do verán» eran locais e nestes momentos podemos disfrutar de dúas expos dos lucenses Maximiliano López e Jesús Crende Novoa en boa parte do centro sociocultural.
Fixemos un paseo por cada unha e recomendamos que fagades o mesmo. Seguro que con estas fotos vos convencemos de facelo.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte