Setembro 2019 As lucenses Raiceira deron o concerto final do ciclo “O que Queda de Verán na Capela”. O ciclo comezou o 6 de setembro, co Dúo Fracanapa & As Sonoridades do Tango, integrado por Sussanne Hofmann e Matías González, seguido polo concerto do Ensemble Hotteterre o 13 de setembro.
O concerto de Raiceira destacou pola súa orixinalidade e personalidade. Estas dúas lucenses parten de melodías da nosa tradición popular e reinterprétanas mesturando as influencias doutros estilos e instrumentacións (por exemplo, o violonchelo, asociado normalmente á música clásica, mestúrase coa voz, ou a percusión de man e gaita)
A Concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, destacou “a boa acollida que tivo este programa, con tres concertos de diferentes estilos, dirixindo así a oferta cultural a todos os públicos”.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte