Se fai pouco vimos o fondo da nosa (i)alma no concerto de Musel ou caímos enfeitizados baixo o kraut frenético de Pantis, desta vez flotamos polo espacio exterior no concerto dos MEQUETREFE.
Estes mutantes ,co seu poder de ser conductores da electricidade, conectanse directamente á corrente que flúe do ampli ó instrumento e polo seu corpo, nun bucle sonoro espacial convertido en excelsas cancións que fan levitar ao público …e ver unicornios.
Xa o decíamos no anterior artigo sobre eles,» Mequetrefe ofrecerá una gran sesión de psicodelia, spacerock, shoegaze e dub…» e vaia se a ofreceu. The Young One, Chayanne, Rompetechos, The Artist e Madafaka – chamémolos polo seu nome de superheróes mutantes – levitaron por momentos ata tocar o ceo azúl eléctrico.
Disfrutade das fotos do concerto e do adelanto do seu próximo disco que sairá antes de que acabe este 2017. Un disco producido e mezclado por Ian Crause do grupo inglés Disco Inferno que soa tal que así:
Clica nas fotos… as verás en maior tamaño
Comparte comparte comparte arte… comparte este artigo alí onde queiras, non o modifiques nin o vendas. Cítanos sempre…sempre agradecidos estaremos.
Comparte – comparte – comparte el enlace o cita a Viva Lugo comparte comparte comparte arte
TAMÉN EN VIVA LUGO:
- Convocatoria aberta para participar no VI Festival de Artes Escénicas de Lugo: Cartografía en Movemento
- O concello de Lugo convoca tres certames de deseño gráfico, narrativa e fotografía contra a violencia de xénero
- Amor, leite e rock and roll no II Festival do Leite