A nova compañía lucense Teatro Baixo da Area estrease en Lugo coa primeira tradución ao galego de «Poeta en Nova Iork» de Lorca. Tras unha residencia no Salón Teatro do Centro Dramático Galego – CDG – Salón Teatro- están listos para estrear os días mércores 29 e xoves 30 de xaneiro no Auditorio Municipal Gustavo Freire.
A obra conta coa dirección de Paloma Lugilde (Pomba Luxilde) e interpretación a cargo de María Roja, Sergio Zearreta e Sabela Eiriz
e debido á posta en escena as entradas están limitadas a 110 persoas – xa que estarán sentadas no propio escenario mentres transcurre a función, vivindoa así de forma aínda máis intensa –
Entradas: as entradas poderán adquirirse no portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo até 3 horas antes do comezo de cada función, e unha hora e media antes do comezo do espectáculo no auditorio.
Dentro da Programación teatral do Auditorio Gustavo Freire no 2020
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte