Protagonismo lucense nos finalistas dos XVII Premios Mestre Mateo do audiovisual galego: a serie «Hierro» (Jorge Coira á dirección e Pepe Coira ao guión) ten 16 candidaturas, «O que arde» 12 candidaturas, a curta «Homomaquia» de David Fidalgo Omil é finalista a mellor curtametraxe de ficción, «Camariñas, cando todo encaixa» de MBC Servicios Audiovisuais, candidato a mellor anuncio publicitario (esta productora lucense tamén é finalista a mellor pograma de televisión por «Segredos. Desmontando Galicia» e mellor realizador a Marcos Barrios Carreira), Luis Tosar é candidato a mellor interpretación masculina protagonista por «Quen a ferro mata» e María Vázquez, nomeada a Actriz de Reparto, temén por «Quen a Ferro Mata»
As gañadoras daránse a coñecer na Gala que se celebrará o vindeiro sábado 7 de marzo no Pazo da Ópera da Coruña, presentada por Patricia Vázquez. A popular actriz compostelá será a anfitrioa dunha noite na que se fará un repaso ao mellor da produción audiovisual galega do último ano, recoñecendo ás mellores obras e profesionais candidatas en 25 categorías.
PROXECTOS CON MÁIS CANDIDATURAS
Hierro (finalista en 16 categorías)
Mellor serie de televisión I Portocabo, Movistar +, Arte France e Atlantique Productions
Mellor dirección I Jorge Coira
Mellor dirección de arte I Marc Pou
Mellor dirección de fotografía I José Luis Bernal
Mellor dirección de produción I Ana Míguez
Mellor guión I Pepe Coira, Fran Araújo, Araceli Gonda, Coral Cruz e Carlos Portela
Mellor interpretación feminina de reparto I Kimberly Tell
Mellor interpretación feminina de reparto I Mónica López
Mellor interpretación feminina protagonista I Candela Peña
Mellor interpretación masculina de reparto I Juan Carlos Vellido
Mellor interpretación masculina protagonista I Darío Grandinetti
Mellor maquillaxe e perruquería I Raquel Fidalgo e Noé Montes
Mellor montaxe I Jorge Coira, Diana Toucedo e Gaspar Broullón
Mellor música orixinal I Elba Fernández e Xavi Font
Mellor son I Juan Gay e Diego Staub
Mellor vestiario I Alicia Dapena e Lola Dapena
Quen a ferro mata (finalista en 15 categorías)
Mellor longametraxe I Vaca Films, Atresmedia Cine, Quien a Hierro Mata AIE e Playtime
Mellor dirección I Paco Plaza
Mellor dirección de arte I Javier Alvariño
Mellor dirección de fotografía I Pablo Rosso
Mellor dirección de produción I Oriol Maymo
Mellor guión I Juan Galiñanes e Jorge Gerricaechevarría
Mellor interpretación feminina de reparto I María Vázquez
Mellor interpretación masculina de reparto I Enric Auquer
Mellor interpretación masculina de reparto I Xan Cejudo
Mellor interpretación masculina protagonista I Luis Tosar
Mellor maquillaxe e perruquería I Susana Veira e Beatriz Antelo
Mellor montaxe I David Gallart
Mellor música orixinal I Maika Makovski
Mellor son I David Machado, David Gutiérrez e Yasmina Praderas
Mellor vestiario I Vinyet Escobar
O que arde (finalista en 12 categorías)
Mellor longametraxe I Miramemira, 4A4, Kowalski Films e Tarántula
Mellor dirección I Oliver Laxe
Mellor dirección de arte I Samuel Lema e Curru Garabal
Mellor dirección de fotografía I Mauro Herce
Mellor dirección de produción I Koldo Zuazúa, Guadalupe Balaguer e Analía G. Alonso
Mellor guión I Óliver Laxe e Santiago Fillol
Mellor interpretación feminina protagonista I Benedicta Sánchez
Mellor interpretación masculina protagonista I Amador Arias
Mellor maquillaxe e perruquería I Nadia Acimi
Mellor montaxe I Cristóbal Fernández
Mellor son I David Machado, Amanda Villavieja, Sergio Silva e Xavi Souto
Mellor vestiario I Nadia Acimi